Ir o contido principal

O ciclo ‘Empréga-T’ clausúrase este mércores cun debate con expertos en recursos humanos

O ciclo de seminarios ‘Empréga-T’ remata este mércores 24, ás 12:00 horas no Salón de Graos, cun debate no que responsables de recursos humanos de empresas e outras entidades falarán das competencias e dos requisitos que na actualidade máis valoran os empregadores no alumnado recén titulado. O director de O decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira, e mais os directores de Recursos Humanos de CXG Corporación Caixagalicia e de Ges Consultores, Álvaro Cela del Río e Wilfredo Meléndez Sancosmed, respectivamente, ofrecerán claves interesantes para construír un currículo profesional de cara a axustarse ás demandas reais do mercado laboral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2013.