Ir o contido principal

O ciclo Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu segundo concerto no Paraninfo

Pezas de Mozart e Amon resoarán no segundo concerto do ciclo Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia que vai ter lugar o vindeiro luns 21 a partir das 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.
De W.A. Mozart interpretarase o Divertimento nº 10, KV 247 para dúas trompas e cuarteto de corda, mentres que de J.A. Amon sonará o Cuarteto nº º, op. 20 para trompa, viola e chelo. A execución estas pezas corresponderalle nesta ocasión a Javier López e Enrique Roca, ao violín; Timur Sadykov, viola; Carlos García, violonchelo; e a Alfredo Varela e Jordi Ortega, co trompa.
A partir do vindeiro mes de xaneiro, os concertos deste ciclo celebraranse tamén no Campus de Lugo. A entrada será libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2009.