Ir o contido principal

O Ciemat convoca unha bolsa para realizar a tese no campo da medicina rexenerativa cutánea

A división de Biomedicina Epitelial do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (Ciemat) convoca unha bolsa para realizar a tese doutoral no proxecto ‘Medicina rexenerativa cutánea: desenvolvemento de modelos experimentais humanizados e abordaxes terapéuticas novidosas para enfermidades hereditarias e adquiridas de pel’.
O prazo de admisión de solicitudes, nas que se valorará experiencia en xenética clínica, remata o 13 de marzo. Os interesados deben contactar con Marcela Del Rio Nechaevsky nos teléfonos 913466051 e 913466251 ou no enderezo electrónico marcela.delrio [at] ciemat.es (marcela[dot]delrio[at]ciemat[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2008.