Ir o contido principal

Ciencia e diversión, nova NerdNite na Nave de Vidán

Ciencia e diversión, nova NerdNite na Nave de Vidán
Ciencia e diversión, nova NerdNite na Nave de Vidán
A teoría de xogos, os tópicos sobre a ópera e as óptimas propiedades das augas galegas para o marisco, temas desta sesión

A Nave de Vidán de Compostela (Avenida Mestra Míguez 44) será este martes 16 un novo punto de encontro de ciencia e diversión. Nese espazo a partir das 22.00 horas terá lugar outra NerdNite coa intervención de tres especialistas que non deixarán indiferente a ninguén. ‘Guerra e paz: optimización e teoría de xogos’ e o título da charla do profesor do Departamento de estatística e investigación operativa Julio González Díaz, a quen lle seguirá o profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC Jose María Miranda Boto, directivo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, que falará dos tópicos malinformados, como o que di que “ a ópera é para vellos”. Rematará a xornada con Pedro Montero Vilar, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, con ‘Augas frías, marisco todos os días’. NerdNites As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos e foi Santiago a primeira cidade de España en sumarse, apoiada pola Universidade de Santiago. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2013.