Ciencias da Comunicación achegará aos estudantes e profesionais as particularidades do lobbying
A Facultade de Ciencias da Comunicación será sede o vindeiro mes de abril do primeiro seminario que se vai celebrar nunha universidade pública galega sobre ‘Lobbyng e os Public Affairs’. As dúas xornadas programadas os días 20 e 21 de abril explicarán en que se basa o traballo ‘invisible’ que fan os lobbistas, como actúan os grupos de presión e como se regula este profesión en España. Con esta finalidade na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos. O I Seminario ‘O traballo invisible dos lobbistas’ forma parte dun ciclo de conferencia que a consultora Com-Unica Public Affairs desenvolve en diversas localidades españolas sobre novas áreas profesionais para os titulados universitarios. A oferta actual sobre lobbying concéntrase en Madrid, sendo un área académica que os promotores destas xornadas consideran de moita proxección en España xa que este é un país onde aínda non existe unha tradición lobbista como a existente en Estados Unido ou entre outros países comunitarios. O programa deseñado comezará cunha exploración arredor de novas saídas laborais para os estudantes de comunicación, tratando temas de Responsabilidade Social Corporativa, reputación, relaciones institucionais e lobbying. Esta primeira xornada, dará paso na tarde do venres 20 e o sábado 21 pola mañá a unha análise máis detallada para estudantes e profesionais en materia de lobbying, buscando explicar o porqué da existencia dos grupos de presión, en que se basea a defensa de intereses e como se consegue. O seminario rematará coa celebración dun debate o sábado entre reputados lobbistas na procura de ofrecer unha alternativa propia á regulación do mundo del lobbying, actualmente nun estado de alegalidade. Para completar o programa, as persoas que asistan ao encontro poderán participar nunha comida cos relatores (profesionais, periodistas, lobbistas e políticos) de xeito que poidan axudar a crear novos contactos aos alumnos da USC. As persoas interesadas poden atopar máis información no enlace http://www.com-unica.es/index.php/i-seminario-de-el-trabajo-invisible-del-lobbista-una-profesion-en-auge.