Ir o contido principal

Ciencias da Comunicación acolle ata o sábado o XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine sobre o cinema na Segunda República

De esquerda a dereita Margarita Ledo, Marta Pérez, Juan Casares, Alfonso Cabaleiro e Julio Pérez
De esquerda a dereita Margarita Ledo, Marta Pérez, Juan Casares, Alfonso Cabaleiro e Julio Pérez
O produtor Enrique Cerezo e o actor Germán Cobo reciben este venres as medallas de honra da AEHC

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle durante este venres a segunda xornada o XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine, que se inaugurou este xoves baixo a presidencia do reitor da USC, Juan Casares e coa presenza do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o presidente da AEHC, Julio Pérez Perucha; a responsable do comité organización, Margarita Ledo e a vicedecana de Ciencias da Comunicación, Marta Pérez Pereiro. As xornadas analizan o cine español na II República dende diversas perspectivas. O programa deste venres inclúe tres sesións científicas, outras tantas presentacións, unha conferencia, a exhibición de materiais cinematográficos republicanos, ademais da entrega das medallas de honra correspondentes á convocatoria do ano 2009. A Asociación Española de Historiadores do Cine recoñece, mediante a concesións deste recoñecemento o traballo de catro profesionais. Concretamente, na xornada deste venres 11 farase entregas das medallas ao produtor Enrique Cerezo e ao actor Germán Cobos, na Facultade de Ciencias da Comunicación, a partir das 20:00 horas. Pola súa banda, o sábado 12 o director Gonzalo Suárez e o realizador Lorenzo Soler recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar na Cidade da Cultura dende as 18:00 horas. A sesión do venres 11 comezará ás 9:30 horas cunha sesión científica na que se analizará dende a publicidade nas salas de cine dos anos 30 ata a prensa cinematográfica da II República. Así mesmo, a catedrática da USC Margarita Ledo impartirá unha conferencia sobre ‘Hipóteses con ás: estudos sobre “Galicia” de Carlos Velo’, faranse varias presentacións e haberá outras dúas mesas científicas. A xornada concluirá cunha exhibición de materiais republicanos a partir das 21:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2011.