Ir o contido principal

Ciencias da Comunicación conmemora o xoves 3 o día da Liberdade de Expresión

Unha concentración e a lectura do manifesto ‘Sen Xornalistas non hai Xornalismo’ actos centrais da xornada

Unha concentración ás 12.00 horas diante da Facultade de Ciencias da Comunicación e a lectura do manifesto ‘Sen Xornalistas non hai Xornalismo’ é o acto central da xornada organizada por este centro e a Asociación da Prensa de Santiago con motivo da conmemoración do día da Liberdade de Expresión. Con anterioridade, ás 11.00 horas, estudantes de primeiro curso de Comunicación Audiovisual presentarán os seus traballos nunha sesión no Auditorio da Facultade. Pola mañá, está programado ademais un concerto de Efecto Pygmalion a partir das 12.30 horas. A xornada complétase coa celebración a partir das 16.30 horas da festa XorCav, organizada por estudantes de terceiro de Xornalismo e de Comunicación Audiovisual e na que desenvolverán diversas competicións de videoxogos, unha gala onde se amosarán os traballos de estudantes e unha festa con grupos musicais de estudantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2012.