Ir o contido principal

Ciencias da Comunicación estuda o uso das linguas europeas non hexemónicas e o subtitulado no cinema

Ciencias da Comunicación acolle o Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’ os próximos luns 21, dende as 16.00 ata as 20.00 horas; e o martes 22, dende as 9.30 ata as 14.00 horas, no Auditorio da Facultade.

Este foro está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC ao abeiro do proxecto de I+D+i ‘EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’. Esta actividade reunirá a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas. As sesións desenvolveranse en galego, castelán e inglés e contarán con servizo de tradución simultánea. É unha actividade aberta a todo o público previa inscrición.

A primeira xornada leva por título ‘Lingua(s), subtitulado e diversidade cultural en Europa’ e contará coas intervencións da catedrática da USC Margarita Ledo; de Jan Pedersen, da Stockholms Universitet; de Emilia Pérez, da Univerzita Konštantína Filozofa v Nitre; de Philippe Meers, da Universiteit Antwerpen; e de Pietari Kääpä, da University of Warwick. Durante a segunda xornada, titulada ‘Cinematografías en linguas non hexemónicas’, participarán Enrique Castelló, Henrique Monteagudo, Antía López, Fernando Redondo e Marta Pérez, da USC; María Soliña Barreiro González, da ESUPT-UPF; Patxi Azpillaga, Marijo Deogracias, Beatriz Zabalondo e Miren Manias, da UPV-EHU

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2018.