Ir o contido principal

Ciencias despide este venres a última promoción do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC
Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC
O acto académico desenvolverase ás 18.30 horas no salón de graos do centro universitario lugués
Lugo

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo celebra este venres, a partir das 18.30 horas, no salón de graos do centro, o acto de graduación da última promoción de titulados no Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, un programa oficial de posgrao que comezou a impartirse no curso 2017-08 e que chega este ano á súa última edición.

O decano da Facultade de Ciencias, Fancisco Fraga López; o coordinador do máster, José Blanco; o ex coordinador deste posgrao, Carlos Herrero Latorre, intervirán na sesión de clausura do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, un posgrao que contou na súa derradeira edición con 21 persoas matriculadas. O profesor deste máster Carlos Quintas tamén intervirá nesta sesión académica en representación do cadro docente que participou no programa, mentres que Celia Piarque tamén fará uso da palabra como representante do alumnado da última promoción dun posgrao que ao longo destes anos se ten caracterizado pola alta inserción laboral dos seus titulados e tituladas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2020.