Ir o contido principal

Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu patrón

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou este mércores o acto do seu patrón nunha cerimonia que presidiu a decana, Emilia Vázquez Rozas, e que contou coa presenza do director xeral de Universidades, José Díez de Castro.

Todas as persoas asistentes tiveron a oportunidade de escoitar á conferencia que pronunciou o ex presidente da Xunta de Galicia e profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC, Emilio Pérez Touriño, titulada ‘O mundo de hoxe: o soño europeo na encrucillada’.

Como cada ano, neste acto entréganse diversos premios, ademais dos académicos extraordinarios de grao e master do curso 2015-2016. Así, entregouse o do concurso de pintura CreArte na Universidade 2017 á obra Praterías, de Xurxo Lois Romero Durán, e o Fulget 2016 á empresa URO, Vehículos Especiales S. A. (UROVESA), que recolleu o seu presidente honorífico José Sierra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2017.