Ir o contido principal

Ciencias Económicas e Empresariais continúa o seu 50 aniversario cun encontro empresarial e unha feira de emprego

Ciencias Económicas e Empresariais continúa o seu 50 aniversario cun encontro empresarial e unha feira de emprego
Ciencias Económicas e Empresariais continúa o seu 50 aniversario cun encontro empresarial e unha feira de emprego

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa co seu programa de actividades co gallo dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia . Este venres 17 celebrarase o encontro ‘Da Universidade á Émpresa’, organizado da man da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Directivos de empresa novos e universitarios reuniranse para pór en común experiencias e resolver dúbidas sobre as expectativas do sector empresarial na formación dos novos titulados. Na xornada trataranse temas como o traballo en equipo, as habilidades profesionais, negociación, xestión do risco, innovación, liderazgo, a marca persoal, novos xeitos de traballo na era dixital, e a felicidade no traballo.

A xornada iniciarase ás 11:00 horas coa inauguración a cargo da vicedecana da Facultade, Loreto Fernández; o director da Zona Noroeste da APD, Santiago Sesto; e o decano do colexio de economistas da Coruña, Miguel A. Vázquez Taín.

A continuación chegará a conversa ‘Da Universidade á empresa, o mundo que vos ides atopar’, na que estarán o propio Santiago Sesto; Cándido Cancelo, CEO de BMC Desarrollo Industrial y Mobiliario; e Alberto Varela, socio de Servitalent.

Compostalent
As actividades na Facultade continuarán o luns 20 coa celebración da feira de emprego Compostalent, un evento para o encontro entre mozos galegos, entidades públicas e as empresas privadas máis prometedoras do panorama español.

Haberá talleres, charlas e mesas de debate onde se tocarán os temas máis relevantes da actualidade no referente ao desenvolvemento do talento xuvenil. Os candidatos poderán acercarse ao mundo laboral, compartir inquedanzas cos profesionais de diferentes sectores e valorar as diferentes oportunidades que lles ofrece no mercado laboral.

A Feira de Emprego contará coa presenza de numerosas empresas e institucións, entre as que destacan Garrigues, ABANCA, Finsa, Prosegur, Cruz Roja, Fundación Ronsel e MGS Seguros, e constitúe unha grande ocasión para coñecer as tendencias do mercado laboral e a formación e actitudes que se requiren por parte do sector empresarial.

A xornada inaugurarase cunha mesa redonda ás 10.00 horas no Salón de Graos da Facultade, na que participarán a decana do centro, Emilia Vázquez; o presidente do Club Financeiro, Roberto Pereira; o director de INJUVE, Javier Dorado; e o tesoureiro e director do Observatorio do Instituto para o desenvolvemento do talento novo galego, Santiago Calvo.

Posteriormente, ademais dos postos cos que contarán as empresas, desenvolveranse talleres, dinámicas e conferencias levadas a cabo polas propias empresas. Serán ao longo do día e consistirán en entrevistas e dinámicas por parte de ABANCA e Prosegur ou o asesoramento para mellorar as posibilidades de atopares emprego por Cruz Vermella. Pola tarde, ás 15.30 horas e no Salón de Graos, terá lugar un debate sobre banca, dereito e talento na que participarán ABANCA e Garrigues.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2017.