Ciencias Económicas e Empresariais continua co ciclo ‘Pensando no teu futuro?’
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolve durante este mes de abril un conxunto de actividades dirixidas ao alumnado que está rematando os seus estudos.
O ciclo ‘Pensando no teu futuro?’ deu comezo este luns cun obradoiro formativo e continua este mércores 10, ás 12.00 horas na Aula 7, coa presentación do programa ‘Muévete’ de ABANCA, as posibilidades de formar parte do equipo de capital humano desa entidade bancaria e unha sesión práctica sobre mercados financeiros a cargo de Enrique Castro, director de Investimentos.
O programa deste ciclo e outras actividades do centro pode consultarse no Linkedin da Facultade.