Ir o contido principal

Ciencias da Educación abordará do 23 ao 24 de setembro o papel das universidades na formación de comunidades inclusivas

Entre os obxectivos que persegue o congreso atópase o de identificar problemáticas e áreas de mellora na inclusión e atención á diversidade. Imaxe de arquivo de estudantado polo campus. FOTO: Santi Alvite
Entre os obxectivos que persegue o congreso atópase o de identificar problemáticas e áreas de mellora na inclusión e atención á diversidade. Imaxe de arquivo de estudantado polo campus. FOTO: Santi Alvite
A finalizade deste foro é coñecer experiencias e actuacións universitarias relacionadas coa atención á diversidade
Santiago de Compostela

O Congreso Internacional ‘Atención á Diversidade e Inclusión. O papel da Universidade e as Asociacións na construción de Comunidades Inclusivas’ proponse abordar do 23 ao 24 de setembro a diversidade, a equidade e a inclusión como eixos que vertebran a educación. A finalidade desde foro, no que aínda é posible inscribirse e que ten lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC, é coñecer experiencias e actuacións universitarias relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión do estudantado con discapacidade na universidade, xunto ao papel que desempeñan as asociacións na construción de comunidades inclusivas, coa perspectiva de reflexionar e ofrecer liñas de actuación que permitan acomodar a diversidade á realidade dos centros universitarios.

Entre os obxectivos que persegue o congreso atópase o de identificar problemáticas e áreas de mellora na inclusión e atención á diversidade de estudantes con discapacidade e Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) na Universidade. O foro tamén pretende sensibilizar o estudantado e toda a comunidade universitaria ante a diversidade e a inclusión de estudantes con discapacidade e NEAE.

Coñecer experiencias e actuacións universitarias relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión deste colectivo, así como profundar no papel das asociacións na construción de Comunidades Inclusivas completan un programa no que tamén se tratarán experiencias e actuacións asociativas relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.08.2025.