Ciencias da Educación abre as súas portas a Rebumbiolab, iniciativa de experimentación científica para todas as idades
A Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte acolle este mércores 18 un Rebumbiolab, iniciativa que desenvolve ‘snacks experiments’ por centros de infantil, primaria e secundaria de toda a xeografía galega. A cita no Campus Norte está aberta a todo o público que desexa pasar un rato aprendendo e divertíndose coa ciencia, achegando unha novidosa forma de aproximación a aprendizaxe e ensinanza das ciencias feita por alumnado e explicada para todos as idades.
A sesión no Campus Norte celebrarase de 16.30 a 18.30 horas coa colaboración do club de ciencias Xnte100cia do IES David Buján coa colaboración do grupo de investigación RODA. En total proporanse catro estacións con experimentos, ademais doutras demostracións e experimentos (canón de fume, foguetes sinxelos,...).