Ir o contido principal

Ciencias da Educación acolle un seminario sobre nutrición elaborado en base ao TFG dun grupo de alumnos de Enfermaría

A Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) acolle este luns día 14 ás 9.00 horas o seminario ‘Diagnóstico e educación nutricional nun escenario real: a USC”. Trátase dunha actividade formativa en ApS (Aprendizaxe-Servizo) que se constrúe a partir do Traballo de Fin de Grao dun grupo de alumnos da Facultade de Enfermaría. O grupo de estudantes deste centro seleccionou ao alumnado de Ciencias da Educación para levar a cabo o seu estudo, debido ao seu papel futuro como formadores e educadores.

Desta forma, o alumnado realizou un proxecto de avaliación do estado nutricional do estudantado de Pedagoxía e un labor formador en coñecementos nutricionais xenerais que ademais están centrados na infancia e na adolescencia. Este proxecto está coordinado pola profesora Isabel Campos Varela no marco da II Convocatoria de proxectos de innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2018.