Ir o contido principal

Ciencias da Educación acollerá a segunda edición do curso de especialización en educación emocional

De esquerda a dereita: Mª José Méndez, Carmén Fernández, Carmen Pomar, Victoria Otero, Ana Mª porto e María Fraga
De esquerda a dereita: Mª José Méndez, Carmén Fernández, Carmen Pomar, Victoria Otero, Ana Mª porto e María Fraga

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá a segunda edición do Curso Superior de Especialización en Educación Emocional, iniciativa docente de referencia na formación emocional en Galicia no que colabora a plataforma educativa Emociona. O seu programa estenderase do 11 de xaneiro ao 22 de xuño de 2019 ao longo de 26 xornadas cunha carga lectiva de 200 horas e impartirano un cadro docente conformado por 30 educadores/as e profesionais relacionados coa xestión de persoas, entre os que se atopan psicólogos/as, pedagogos/as, orientadores/as laborais e responsables de persoal de diversas áreas de actividade.

A través da formación especializada que recibirán, o alumnado estará capacitado para poñer en práctica as técnicas máis avanzadas en educación emocional, poderán desenvolver as súas competencias socioecomocionais e as doutras persoas, saberán deseñar programas de educación emocional fundamentados nun marco teórico integrador e realizar propostas para poñer en marcha estes programas.

Metodoloxía pioneira
O curso abordará os diferentes modelos da educación emocional dende unha dimensión teórica, técnica e práctica, e combinará as sesións impartidas por profesionais de gran prestixio cun alto volume de actividades prácticas e grupos de traballo reducidos, o que permitirá ao alumnado exercitar os aspectos máis relevantes da educación emocional.

Tamén se empregará a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia, así como para a comunicación co estudantado e como canle de acceso de material de lectura e investigación. Como instrumento innovador, se realizará unha análise das competencias emocionais de cada alumno/a ao inicio e ao final do curso, o que mostrará os avances realizados en canto ao desenvolvemento destas competencias nos participantes. A iniciativa irá acompañada dun plan específico de desenvolvemento persoal, con tarefas asignadas a cada estudante e un traballo fin de curso.

Equipo docente
O curso impartirano profesionais con experiencia recoñecida, entre os que se atopan Rafael Bisquerra, uno dos expertos máis recoñecido no estudo e aplicación da educación emocional no entorno profesional e persoal; Rosa Casafont, médica experta en neurociencia; Antonio Giner, doutora en Pedagoxía e licenciado en Psicoloxía e expertos en coaching; ou Silvia Escribano, especialista en xestión de emocións, corporalidade e neurocoaching, entre outros.

O acto de presentación celebrouse este mércores na Facultade de Ciencias da Educación coa participación da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Carmen Pomar Tojo; a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar; Ana Mª Porto Castro, directora do Instituto de Ciencias da Educación da USC e docente do curso; a decana da Facultade, Mª del Carmen Fernández Morante; a vicedecana do mesmo centro, María José Méndez; e a coordinadora académica do curso, María Fraga.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2018.