Ir o contido principal

Ciencias da Educación celebra o luns a festividade do seu patrón

O catedrático Jurjo Torres disertará sobre as políticas curriculares que marca a LOMCE

A Facultade de Ciencias da Educación celebra o luns 9 a festividade do seu patrón Frei Martín Sarmiento nun acto no que o catedrático da Universidade da Coruña Jurjo Torres Santomé pronunciará a conferencia ‘A Construción do Homo Economicus, Consumens e Debitor nas políticas curriculares promovidas pola LOMCE’. O acto desenvolverase ás 12.00 horas no salón Nobre do Colexio de Fonseca presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López. Nesta ocasión, serán agasallados cos Sarmientos de Honra os docentes José Cajide Val, Herminia García Ruso e Joaquín Díaz de Bustamente. Tamén na cerimonia se fará entrega dos diplomas dos Premios Extraordinarios de Grao e Máster e dos Premios Extraordinarios de Doutoramento da convocatoria 2011/2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2015.