Ir o contido principal

Ciencias da Educación estrea dúas mostras sobre materiais didácticos e sobre relatos e fotografías de alumnado do centro

A Facultade de Ciencias da Educación organiza esta semana dúas exposicións nas que achegará ao público interesado materiais e recursos didácticos publicados en asociacións sociocomunitrias de Galicia, por unha banda, e contos e fotografías do alumnado de Meste en Educación Infantil e Primaria. A primeira das exposicións poderá visitarse no vestíbulo do edificio A de Pedagoxía (Campus Vida) entre o martes 28 e o xoves 30 organizada polo profesor Jesús Rodríguez Rodríguez do Departamento de Didáctica e Organización Escolar. Xa o mércores 29, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e o xoves 30 de 10.00 a 13.00 horas, poderá visitarse na Sala de Xuntas do edificio de Campus Norte ‘Emoción-arte contando historias’, unha serie de relatos e fotografías realizado por alumnado do centro. Os responsables desta iniciativa son a profesora Carmen Pomar e o profesor Guillermo Galviño. Ambas iniciativas están organizadas pola Comisión de Actividades Culturais e pola Comisión de Actividades de Normalización Lingüística do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2015.