Ir o contido principal

Ciencias da Educación reflexionará sobre o acoso escolar e o bullying

Ciencias da Educación reflexionará sobre o acoso escolar e o bullying
Ciencias da Educación reflexionará sobre o acoso escolar e o bullying
O próximo 26 de abril celébrase neste centro do Campus Norte as terceiras xornadas contra o acoso escolar e o bullying co lema ‘Alza a túa voz’

A Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) acollerá o vindeiro xoves 26 as terceiras xornadas contra o acoso escolar e o bullying que nesta edición levan por lema ‘ Alza a túa voz’. Celebraranse no Salón de Actos a partir das 16.30 horas.

Están previstos catro relatorios que buscan reflexionar sobre a educación como medida preventiva en situacións de acoso escolar, así como atender aos factores de risco do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad (TDAH) e as emocións. Tamén prestarán atención á relación entre escola, deporte e emocións como combinación de factores para facer fronte ao bullying, rematando cunha intervención que porá a énfase nas situacións de acoso e violencia a través da rede.

As distintas intervencións impartiranas a pedagoga Paula Suárez; a doutora en psicoloxía clínica e psicopedagoxía Cecilia Otero; Víctor Arufe Giráldez, elixido mellor docente universitario de España; e o profesor Antonio Rial Boubeta, cunha ampla produción científica arredor dos perigos que axexan tras as redes sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2018.