Ir o contido principal

Ciencias pecha as súas xornadas de divulgación científica

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo pecha este mércores 25 as súas III Xornadas de Divulgación Científico-Tecnolóxica organizadas polos alumnos do centro co obxecto de dar a coñecer o labor investigador que se desenvolve no campus lugués. A derradeira sesión estará dedicada a temas como o funcionamento do microondas, as plantas de tratamentos residuais, a química do manganeso ou as infeccións por Escherichia Colli.Os relatorios darán comezo ás 9:00 horas coa intervención do profesor de Química Orgánica Julio Seijas Vázquez sobre o ‘Microondas: unha nova ferramenta para un antigo elemento’. Seguiralle o profesor de Enxeñaría Química Eugenio Fernández Carrasco co seu relatorio titulado ‘Sistemas expertos para o control de plantas de tratamento de augas residuais industriais’.
Ás 12:00 horas a profesora do departamento de Química Inorgánica María Isabel Fernández García disertará sobre a química do manganeso, seguida polo profesor de Microbioloxía Miguel Blanco Álvarez quen rematará as xornadas falando sobre ‘Escherichia Colli causante de infeccións en seres humanos e animais: investigación básica e aplicacións.’

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2007.