Un científico de IBM experto en nanotecnoloxía imparte unha conferencia no CIQUS

Leo Gross, científico de IBM Research Zurich, impartirá este venres 24 ás 12.15 horas unha conferencia no CIQUS sobre o estudo de moléculas individuais empregando microscopías SPM. Gross é experto en nanotecnoloxía, na ciencia das superficies e na manipulación atómica e molecular mediante técnicas de microscopía AFM, STM e KPFM. A pesar da súa xuventude ten publicados importantes traballos nas revistas científicas máis prestixiosas (tres artigos en Science como autor principal). Ademais, acadou importantes premios de investigación como o Feynman de Nanotecnoloxía 2012.