Ir o contido principal

O Claustro debate este xoves as Liñas Xerais dos Orzamentos de 2020 e do Plan de Infraestruturas

O borrador da proposta de Liñas Xerais de Orzamentos para 2020 alberga como obxectivo primordial camiñar cara a sostibilidade
Lugo, Santiago de Compostela

O Claustro Universitario reúnese este xoves 28 en sesión ordinaria a partir das 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito nunha sesión que servirá para abordar as Liñas Xerais dos Orzamentos correspondentes á vindeira anualidade. Ademais, o Claustro debaterá a actualización da Programación Plurianual 2019-2022 coa inclusión das Liñas Xerais do Plan de Infraestruturas. Finalmente, no Claustro debaterase tamén o Estatuto do Estudantado da USC.

O borrador da proposta de Liñas Xerais de Orzamentos para 2020 alberga como obxectivo primordial “camiñar cara a sostibilidade a medio prazo para que a USC siga liderando o coñecemento en Galicia”. Pola súa parte, a proposta de Liñas Xerais Plan de Infraestruturas, enmarcado no seo da Programación Plurianual, busca racionalizar a xestión dos edificios e espazos da USC. Finalmente, o Estatuto do Estudantado desenvolve os dereitos e deberes recoñecidos ao estudantado nos Estatutos da Universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2019.