Ir o contido principal

O Claustro somete a aprobación este venres as liñas xerais dos orzamentos e da programación plurianual

O Claustro da Universidade de Santiago reunirase de novo este venres 22 na Facultade de Medicina para debater as emendas presentadas e finalmente someter a aprobación as Liñas Xerais dos Orzamentos para 2013 e da Programación Plurianual para os anos 2013-2014. Estes puntos da orde do día son os mesmos que os da xuntanza do mes de decembro que tivo que suspenderse. Na sesión, prevista para as 9.30 horas en primeira convocatoria e 10.00 en segunda, presentarase ademais un informe de seguimento da planificación estratéxica 2011-2020 correspondente ao ano 2012 e estudarase a ratificación da proposta do Consello de Goberno de tres novos nomeamentos honoris causa da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2013.