Ir o contido principal

O Claustro someterá a aprobación este mércores as liñas xerais dos orzamentos e da programación plurianual

O Claustro da Universidade de Santiago reunirase este mércores 19 na Facultade de Medicina para debater as emendas presentadas e finalmente someter a aprobación as Liñas Xerais dos Orzamentos para 2013 e da Programación Plurianual para os vindeiros dous anos. Na xuntanza, que dará comezo sobre as 9.30 horas, presentarase ademais un informe de seguimento da planificación estratéxica 2011-2020 correspondente ao presente ano 2012 e estudarase a ratificación da proposta do Consello de Goberno de tres novos nomeamentos honoris causa da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2012.