Ir o contido principal

Clausura do Máster en Márketing Dixital e Xestión Comercial

O máster en Márketing Dixital e Xestión Comercial da USC remata este venres 6 unha nova promoción coa celebración do acto académico de clausura do curso. A sesión celebrarase a partir das 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, baixo a presidencia da decana Emilia Vázquez Rozas.

O acto central da xornada será a conferencia que impartirá o director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG e tamén profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira Fariña. Na sesión tamén participarán os coordinadores do posgrao José Ramón Porto Pedrido e María Luisa del Río Araújo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2018.