Ir o contido principal

Clausura do máster de Mediciación

O reitor Juan Casares presidirá o vindeiro venres 26 a clausura do máster de Mediación nun acto protocolario que se celebrará a partir das 18.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito. Xunto ao reitor estarán presentes ademais a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a directora do posgrao, Raquel Castillejo; e o decano da Facultade de Dereito, Luis Míguez Macho. Na sesión intervirán en representación do alumnado Reyes González, ademais de Gloria Novel, madriña da promoción e responsable de impartir a lección maxistral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.07.2013.