Ir o contido principal

Clausura da primeira edición do Máster en Dirección de Empresas do Campus de Lugo

O Máster en Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará este xoves 8 o acto de clausura da súa programación académica cun acto que vai presidir o vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do Campus lugués, Pablo Ramil, a partir das 18:30 horas na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

A orde de intervencións comezará co presidente de Caixa Rural Galega, José Mª Pardo Montero; ao que lle seguirá a entrega de diplomas e insignias aos alumnos que integran esta primeira promoción do posgrao. Deseguido falará a coordinadora do máster, Belén Bande, á que lle seguirán as intervencións do decano da Facultade, Luis E. Gago, e de Francisco Celestino López Palacios, en representación do alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.09.2010.