Ir o contido principal

Clausurada a XXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia

Clausurada a XXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia
Clausurada a XXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia

Os 90 estudantes que participaron este ano nos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia asistiron este venres en Filosofía ao acto de clausura desta vixésimo cuarta edición. Na clausura participaron o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán Villa; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez Blanco; e o director dos Cursos de Verán, Francisco Fernández Rei. O alumnado que este ano asistiu aos cursos procedía de Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Croacia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, India, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia, Taiwan e Ucraína.

Polas vinte e catro edicións dos cursos, que organizan conxuntamente a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pasaron xa máis de 2.300 estudantes chegados de todas as partes do mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2011.