Ir o contido principal

Claves para adaptarse á lei de transparencia nunha xornada en Dereito

Claves para adaptarse á lei de transparencia nunha xornada en Dereito
Claves para adaptarse á lei de transparencia nunha xornada en Dereito
O prazo deste proceso de adaptación para as entidades locales e as comunidades autónomas expira o 9 de decembro

Baixo o lema ‘Os retos da calidade democrática’ a Facultade de Dereito acollerá este xoves 15 unha xornada académica na que se ofrecerán claves para adaptarse á lei de transparencia. Organizada polo Centro de Estudos de Seguridade da USC (CESEG) en colaboración co Centro de Estudos e Documentación Europea e dirixido polo constitucionalista e ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, na xornada analizarase en profundidade o concepto de transparencia aplicado ás políticas públicas e cómo se xestiona en diversos organismos e institucións como a Unión Europea.

Relatores de primeiro nivel nacional e internacional abordarán un tema clave para o noso actual sistema democrático, entre eles a responsable do máximo órgano en España no asunto, o Consello de Transparencia e Bo Goberno, Esther Arizmendi. A lei estatal de transparencia aplicarase ás comunidades autónomas e aos entes locais o 9 de decembro, polo que os actores autonómicos e locais deben decidir cómo facelo.

Así, analizaranse o contexto democrático do principio de transparencia, a publicidade activa e o dereito de acceso á información, a transparencia como política pública, a forma de implantación da lei nos entes locais, o ámbito da Unión Europa, cómo debe ser un web de transparencia, a avaliación da mesma e un posible selo que sirva para iso, a transparencia parlamentaria, a nova normativa galega e os déficits da súa regulación en España. En suma, trátase de ofrecer a especialistas, profesionais, persoal funcionario e cidadanía as claves explicativas para entender e implementar este novo desafío do sistema público.

Entre as persoas que intervirán no encontro figuran, entre outras, o director do CESEG, José Julio Fernández Rodríguez, que pronunciará ás 10.20 horas a primeira charla; a directora xeral de avaliación e reforma administrativa da Xunta de Galicia, Natalia Prieto Viso; o vicepresidente e responsable de transparencia do Consello de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local, Víctor Almonacid Lamelas; o xefe da Unidade de Transparencia e Acceso aos Documentos do Consello da Unión Europea, Jakop Thomsem; ou o letrado maior do Parlamento de Galicia José Antonio Sarmiento Méndez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2015.