Ir o contido principal

Claves para comunicar en redes sociais e para falar en público, novas xornadas gratuítas da Área de Orientación Laboral

Claves para comunicar en redes sociais e para falar en público, novas xornadas gratuítas da Área de Orientación Laboral
Claves para comunicar en redes sociais e para falar en público, novas xornadas gratuítas da Área de Orientación Laboral

A Área de Orientación Laboral da USC organiza para este mes de abril dous novos obradoiros gratuítos, aínda que con inscrición previa, destinados a alumnado, persoal investigador e titulado para facilitarlle a busca de emprego. Ambos se desenvolverán de 10.00 a 14.00 horas na Facultade de Bioloxía.

Por unha banda, o vindeiro 6 de abril terá lugar a xornada ‘ Claves para comunicar nas redes sociais’, na que se darán a coñecer as fórmulas correctas para comunicarnos nas redes, identificar os erros habituais e cómo transmitir a mellor imaxe a través do que dicimos e como o dicimos. Achegaranse así mesmo estratexias para a configuración da marca persoal e a imaxe dixital na rede.

A actividade correrá a cargo da experta en Protocolo e Comunicación Mar Castro e a CEO de Pekecha e experta en marca persoal, Verónica Ramallal.

Falar en público
Xa o 18 de abril terá lugar a xornada ‘ Claves para falar en público e por qué os demais non me entenden se eu o teño tan claro’. Os relatores serán Mario López Guerrero, coach de directivos e equipos de alto rendemento, e Pepe Núñez Jiménez, consultor de RRHH en empresa e experto en metodoloxía didáctica, comunicación e xestión do coñecemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2017.