Ir o contido principal

O CLM mantén aberta a inscrición en cursos intensivos presenciais de catalán e francés

Ademais, CLM oferta un amplo abano de actividades durante os meses de verán. FOTO: Santi Alvite
Ademais, CLM oferta un amplo abano de actividades durante os meses de verán. FOTO: Santi Alvite
O curso de catalán diríxese ao estudantado de programas de mobilidade con destino a universidades de fala catalá, mentres que o de francés é unha actividade destinada a alumnado sen coñecementos deste idioma
Santiago de Compostela

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC mantén aberta a inscrición nos cursos presenciais de catalán e francés. O primeiro deles diríxese ao estudantado de programas de mobilidade con destino a universidades de fala catalá. Subvencionado polo Institut Ramon Llull e con matrícula gratuíta para todo o estudantado da USC adscrito a programas de mobilidade, o curso intensivo de 30 horas presenciais e dez de traballo autónomo, corresponde ao nivel de iniciación ao catalán e ten como obxectivo ofrecer ao alumnado as nocións básicas de lingua e cultura que lle permitan desenvolverse na sociedade de acollida, especialmente na contorna universitaria na que decidiu cursar os estudos. Para máis información pode contactarse con arnau.vives [at] usc.es (arnau[dot]vives[at]usc[dot]es) A inscrición pode formalizarse a través da web do CLM.

Pola súa parte, o novo curso presencial de francés no CLM, dirixido a estudantado sen coñecementos de francés, será intensivo con 25 horas de duración (20 presenciais e 5 de traballo autónomo). O nivel é o de iniciación. Para máis información pode escribirse un mail a clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal) ou chamar ao teléfono +34 8818-14456, de 9.00 a 14.00 horas. A inscrición tamén pode formalizarse na web do CLM. Ademais, CLM oferta un amplo abano de actividades durante os meses de verán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2024.