O club USC proclamouse campión de Galicia infantil por equipos de tenis
O club USC acadou o Campionato de Galicia infantil por equipos de tenis ao derrotar na final ao club Dereito-Empresariais de Ourense por un tanteo global de 7 a 3 (3 a 2 na ida en Santiago e 4 a 1 na volta a pasada fin de semana en Ourense). A competición, que se disputa desde o mes de Xaneiro, o club USC rematouna invicto. O equipo campión está formado por Andrés Señarís, Javier Romarís, Julián Vázquez, Javier Fernández, Diego Rodríguez e Andrés Mahía. O entrenador é Roberto Martínez Cacabelos e os capitáns Ian Vázquez e o propio Roberto Martínez.