Ir o contido principal

O coach profesional Salva Gálvez ofrece unha conferencia na Facultade de ADE, organizada polos alumnos

O coach profesional Salva Gálvez ofrecerá este xoves na Facultade de Administración e Dirección de Empresas unha conferencia sobre Coaching. O acto será ás 12:00 horas na Aula Magna do centro.
Esta actividade foi organizada polos alumnos da materia de Administración de Empresas como traballo de clase. Foron eles os que escolleron tanto a temática da conferencia como a persoa. Os estudantes optaron por esta nova especialización profesional, que está comezando a súa expansión por España e escolleron a Salva Gálvez “por estar recoñecido como o mellor do país”, din os alumnos.
Durante máis de 12 años Salva Gálvez presta asesoramento a persoas, empresas, profesionais, deportistas e políticos, entre outros, que solicitaron os seus servizos para a solución de conflitos, a planificación de obxectivos ou o reequilibrio dun determinado ámbito da vida ou da súa profesión.
No seu currículo destacan os traballos realizados para a Universidade de Murcia, para políticos do Goberno Rexional ou convenios coa Sociedade Murciana de Psicoloxía Deportiva. De igual forma, foi asesor de sociedades e empresarios individuais nos campos xurídico e de planificación estratéxica.
Como coach persoal ten axudado a centos de persoas de diferentes ámbitos e de todo o mundo, a través do teléfono e do correo electrónico. A empresa que dirixe, Salva Gálvez Solutions, integra a experiencia de anos de traballo con múltiples persoas e empresas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2008.