O Colexio de decanos e directores de centros da USC celebra este mércores unha xuntanza en Formación do Profesorado
A Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo acollerá este mércores 30 de outubro, a partir das 11.30 horas, unha reunión o Colexio de decanos e directores de centros da Universidade de Santiago de Compostela, unha sesión de traballo que se por segundo ano consecutivo se celebra en Lugo e durante a que os 25 membros que integran este órgano abordarán cuestións relativas á planificación académica anual e ao cumprimento dos obxectivos previstos.
A decana da Facultade de Matemáticas, a luguesa María Victoria Otero Espinar, que tamén é a coordinadora deste grupo, comentou que esta reunión presencial dos membros do Colexio de decanos e directores de centros da USC permitirá supervisar e analizar o correcto desenvolvemento de asuntos xa debatidos e acordados en anteriores sesións de traballo, que normalmente se celebran a través de videoconferencia. Otero Espinar salientou tamén que, ademais dos temas de traballo, a convivencia entre os distintos directores e decanos de centros da Universidade de Santiago de Compostela é algo positivo e que resulta de proveito cara unha mellor organización e programación académica no seo da USC.