Ir o contido principal

O Colexio Maior Fonseca organiza un curso sobre a influencia e consecuencias do cambio climático en Galicia

O Colexio Maior Fonseca organiza ao longo do vindeiro mes de abril un curso sobre a influencia e consecuencias do cambio climático en Galicia. O seu programa de actividades mesturará o visionado de películas e documentais coa celebración de xornadas prácticas, debates e conferencias.
O curso celebrarase dende o 31 de marzo ata o 23 de abril cunha carga lectiva de 30 horas, sendo validable a asistencia por un crédito de libre configuración para todas as titulacións. As distintas xornadas impartiranas os profesores Francisco Díaz-Fierros e Felipe Macías Vázquez, ademais de Juan García Duro e bolseiros do propio colexio maior.
A inscrición, que xa se pode formalizar no propio centro universitario, farase por rigorosa orde de matrícula tendo prioridade os residentes do Colexio Maior e do Servizo Universitario de Residencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2008.