Ir o contido principal

O Colexio Maior Rodríguez Cadarso organiza a terceira edición do Evento Cultural e Deportivo de Colexios Maiores

Do venres 24 ao domingo 26 colexiais composteláns, de León e Oviedo participarán nas distintas actividades previstas

Do venres 24 ao domingo 26, máis de sesenta colexiais de diferentes centros de toda España participarán no programa de actividades, entre o que destaca o campionato de fútbol sala, do Evento Cultural e Deportivo de Colexios Maiores. É unha iniciativa que alcanza a súa segunda edición logo da súa programación nas universidades de León e Oviedo e que nesta ocasión organiza a USC recibindo colexiais doutras residencias do estado.

As competicións deportivas terán lugar nas instalacións da Universidade compostelá en Campus Vida e no pavillón universitario e nelas participarán equipos masculinos e femininos dos colexios maiores San Isidoro da Universidade de León e San Gregorio da Universidade de Oviedo.

O sábado 25 está programada unha conferencia que co título ‘O dereito en Tolkien’ impartirá o profesor da Facultade de Dereito José María Miranda Boto. Aberta ao público celebrarase a partir das 16.30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2015.