Ir o contido principal

O Colexio Maior San Clemente celebra o acto de imposición de becas

O Colexio Maior San Clemente da USC celebra este mércores, 29 de abril, ás 21:00 horas, o acto de imposición de becas do curso 2008-2009 que presidirá o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso social, José M. Mayán Santos.
Na cerimonia, na que intervirá a directora do Colexio Sandra Fernández Prado, entregaranse as becas de honra e as correspondentes aos colexiais da promoción deste ano académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2009.