Ir o contido principal

O Colexio Maior Xelmírez celebra o seu 40 aniversario co acto académico de imposición de becas e insignias

O Colexio Maior Xelmírez, que este curso conmemora o seu 40 aniversario, celebra este venres, día 27, o acto académico de imposición de becas e insignias. A cerimonia, na que tamén se cumpren os vinte e cinco anos da súa Asociación de Ex Colexiais, terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina baixo a presidencia do reitor compostelán, Senén Barro Ameneiro.
O acto, ao que asistirán douscentos antigos colexiais así como os actuais residentes e diversas autoridades ligadas ao centro, comezará cunha benvida do director do Colexio Maior, Miguel Rey Casado, e continuará coa lección maxistral ‘A Universidade, nós e as violetas’ a cargo do catedrático de Neuroloxía da USC e primeiro presidente da Asociación de Ex Colexiais, José Antonio Castillo Sánchez.
A continuación terá lugar o nomeamento como Colexiais de Honra do reitor Senén Barro; o Superior Maior dos Irmáns Maristas, Primitivo Mendoza; os ex directores do Colexio, Francisco Gutiérrez, José Luis Ampudia e Gregorio Redondo; o humorista Mocho Borrajo e o profesor Oscar García.
Para conmemorar os 25 anos da Asociación, as palabras do seu actual presidente, o profesor Luis Hervella, darán paso á imposición das súas insignias a José Antonio Castillo e Marcelino González-Carrero, os primeiros presidentes da asociación.
As becas de Colexial Maior seranlle entregadas a Carmen Antolín, Marta Babarro, Eulalia Sofía Baroja, Andrea Berreira, Pablo Carcacía, María Casal, Mireia Beatriz Castro, Manuel Diz, Ana Belén Fernández, José Manuel Fernández, Manuel Fraga, José Luis Gallego, Clara García, Iago Gómez, Angélica González, María Iglesias, Jaime Palau, Pablo Rodríguez, David Rodríguez, José Luis Roig, Carlos Villamar e José Luis Villarino.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2007.