Ir o contido principal

Coloquio con ‘Las patronas’, colectivo dedicado a axudar a inmigrantes na fronteira mexicana con Estados Unidos

Representantes do recoñecido colectivo ‘Las patronas’ dedicado a axudar a inmigrantes na fronteira mexicana con Estados Unidos participarán este luns 7 nun coloquio na USC sobre experiencias solidarias e de loita polos dereitos humanos que organiza o Grupo de Investigación SEPA da USC. O encontro terá lugar ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

O grupo de mulleres rurais mexicanas Las Patronas recibiu en 2013 o Premio de Dereitos Humanos da Comisión Nacional de Dereitos Humanos mexicana, que lle recoñeceu a súa traxectoria de máis de 20 anos coas persoas migrantes na fronteira mexicana.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2016.