Ir o contido principal

Coloquio presentación do libro Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo, de Abraham Rubín

Coloquio presentación do libro Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo, de Abraham Rubín
Coloquio presentación do libro Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo, de Abraham Rubín

O libro Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo, de Abraham Rubín e publicado na serie ‘ Académica’ do selo USC Editora, presentarase este xoves 20 ás 19.00 horas no Espazo UNE-Santiago de Compostela (Libraría Gallaecia Liber, r/Ramón Cabanillas, 8).

No coloquio presentación, que será introducido polo director de Publicacións da USC e vogal da xunta directiva de Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), Juan L. Blanco Valdés, chalarán co autor o catedrático da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e actual decano da Facultade de Filosofía da USC, José Miguel Sagüillo Fernández-Vega; o profesor de Filosofía Moral do mesmo centro, Luís Garcia Soto, e Ángel Pérez Fernández, especialista en filosofía contemporánea e política.

A publicación aborda a noción de acontecemento como un dos conceptos centrais no pensamento filosófico dos séculos XX e XXI en canto aquilo que escapa á categorización da filosofía tradicional e dá lugar á aparición do inesperado. O autor traza unha relación entre o acontecemento e a diferenza, entendida como o resto que deixa tras de si o pensamento en torno á identidade, e rastrexa as súas implicacións na obra de pensadores contemporáneos fundamentais como Martin Heidegger, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Antonio Negri, Maurizio Lazzarato, Fredric Jameson e Slavoj Žižek.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2017.