Comeza o ciclo 'Músicas ao carón da Mosqueira' dedicado á música clásica
A Área de Cultura da USC do Campus de Lugo organiza o ciclo ‘Músicas ao carón da Mosqueira’ incluído dentro do programa ‘Clásicos en Ruta’ que ofrece concertos de música clásica para novos intérpretes. O ciclo comeza con dous concertos de acordeón e de contrabaixo que se celebrarán no Círculo das Artes e que conta coa colaboración da Entidade de Xestión dos Dereitos de Propiedade Intelectual de Artistas e Intérpretes.
A primeira das citas ten lugar mañá martes, día 16, ás 20:30 horas e correrá a cargo da intérprete Arantza Aguirre que inclúe no seu programa pezas de Mozart ou Tchaikovski ente outros. O segundo dos concertos, interpretado polo cuarteto de contrabaixos integrado por Raquel de la Cruz, Sergio Fernández, José Andrés Reyes e Álvaro Yepes, terá lugar o vindeiro xoves 18, tamén ás 20:30 horas. Esta agrupación que se creou na Escola Superior de Música Reina Sofía tocará pezas moi coñecidas de autores como Mozart ou Brahms e o concerto contará cunha segunda parte máis ‘popular’ con pezas como ‘Bésame mucho’, ‘España Cañí’ o ‘La verbena de la Paloma’.