Ir o contido principal

Comeza un novo ciclo na xestión do Campus de Lugo

O profesor Paulino Martínez asinou o seu nomeamento na Vicexerencia de Lugo
O profesor Paulino Martínez asinou o seu nomeamento na Vicexerencia de Lugo
Por vez primeira un profesor do Campus tomou posesión na Vicexerencia

Cumprindo cunha vella reivindicación a prol da descentralización da xestión na USC, este mércores o catedrático Paulino Martínez tomou posesión do seu cargo nun acto protocolario celebrado por vez primeira no Campus de Lugo. Ábrese así un novo ciclo no que se refire á xestión do campus lugués que, ademais de albergar todos os actos de nomeamento e toma de posesión de docentes, conseguiu o depósito da documentación das prazas, que ata o de agora estaba en Santiago. O acto de hoxe no que o profesor Martínez Portela asinou o seu nomeamento como catedrático do Departamento de Xenética tivo lugar nas dependencias da Vicexerencia de Lugo e nel asinaron ademais o vicerreitor Pedro García Herradón, en delegación do reitor, e a responsable de persoal no Campus. O vicerreitor Pedro Herradón asinou en nome do reitor a acta de nomeamento do catedrático Paulino Martínez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2011.