Ir o contido principal

Comeza en Ciencias da Comunicación o 31 congreso das televisións rexionais públicas europeas

Esta semana desenvólvese na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago o 31 Congreso de CIRCOM Rexional, un evento profesional no que se porán de manifesto os retos actuais e futuros das televisións rexionais públicas en Europa. O evento inaugúrase este xoves 9 ás 10.00 horas no auditorio do centro nun acto ao que asisten o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde da cidade, Ángel Currás; o presidente de Circom, Jacques Briquemont; e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2013.