Comeza un curso de bailes de salón en Lugo
Quince persoas asistirán ao curso de bailes de salón que comeza o mércores 9 de decembro na Residencia Universitaria Bal y Gay do Campus de Lugo, e que se desenvolverá todos os mércores ata o mes de marzo, en horario de 19:30 a 21:00 horas.
O director do Espazo de Danza da USC, o bailarín e coreógrafo Juan Carlos Zahera, é o encargado de impartir este curso, no que os asistentes poderán practicar diferentes modalidades de bailes de salón, dende os bailes clásicos aos latinos.