Comeza en Dereito a terceira edición das Xornadas de Sociedade e Defensa
O Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN organiza este mércores 21 e o xoves 22 na Facultade de Dereito a terceira edición das Xornadas de Sociedade e Defensa baixo o lema ‘Novos tempos, vellas ameazas, reformas e desafíos no ámbito da seguridade e a defensa’.
O encontro, que dará comezo ás 10:00 horas, está dirixido polo catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés; o vicevaledor do Pobo Galego e profesor de Dereito Constitucional da USC, J.J. Fernández Rodríguez; e o criminólogo Sansó-Rubert Pascual.
Entre os relatores que asisten a estas xornadas figuran profesores e catedráticos e expertos do Instituto Español de Estudos Estratéxicos e do Centro Internacional de Toledo para a Paz.