Comeza no Paraninfo o ciclo 'Formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia'
O luns 16 dará comezo en Santiago o ciclo ‘Formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia’ que nesta edición, a partir do mes de xaneiro, tamén se desenvolverá no Campus de Lugo. Este primeiro concerto, de entrada libre ata completar o aforo, terá lugar ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.
Da man de Palmira Martínez ao violoncello, Christina Dominik e Esther Viudez no óboe, Javier Simó e Ramón Llátser á trompeta, e Lorenzo de los Santos na clave, no recital soarán obras de Händel, Telemann e Bach.