Ir o contido principal

Comeza no Paraninfo o ciclo de sonatas para cello e piano de Beethoven

Comeza no Paraninfo o ciclo de sonatas para cello e piano de Beethoven
Comeza no Paraninfo o ciclo de sonatas para cello e piano de Beethoven

As cinco sonatas para violonchelo e piano de Beethoven resoarán en outubro e novembro no Paraninfo da Universidade da man de novos e novas intérpretes. O ciclo arranca este martes, 1 de outubro, co violonchelista Carlos García Amigo e o pianista Fernando Buide del Real, que interpretarán a Sonata para violonchelo e piano no. 3 op.69 e as 12 Variacións sobre un tema do Xudas Macabeo de Haendel, ambas de Beethoven, e a Suite Italiana de Stravinsky. Todos os recitais serán ás 20.00 horas con entrada libre ata completar o aforo. A Universidade de Santiago e a Asociación de Violoncellistas de Galicia ‘Soncello’ queren con este ciclo darlle unha oportunidade aos novos valores musicais xurdidos en Galicia, que en cada un dos catro concertos explicarán brevemente as súas motivacións para escoller o programa que van interpretar. Premio Soncello O segundo dos recitais será o 15 de outubro coa actuación do violoncellista Juan José Díez e o pianista Genaro Fernández. O público interesado na música do compositor alemán terá outra cita o 12 de novembro con Carolina Landriscinio e Laura Díaz Pérez ao piano.

O broche do ciclo corresponderalle o 26 de novembro a Milagros García, gañadora do I premio USC-Soncello para violonchelistas. Ela será quen, acompañada pola pianista Alicia González Permuy, interprete en calidade de solista doce variacións en fa maior op.66 da Frauta máxica, así como a Sonata op. 5 nº1 e un peza libre a escoller entre as dúas sonatas de J. Brahms ou unha suite para cello só de J.S. Bach.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2013.