Ir o contido principal

Comeza a primavera

Na noite do vindeiro mércores ao xoves, concretamente ás 6:48 horas do dia 20, comezará a primavera no hemisferio boreal. A estación, cunha duración de 92,76 días, prolongarase ata as 00:59 horas do 21 de xuño, instante no que se iniciará o verán.
O comezo da primavera está astronomicamente fixado polo paso do Sol polo chamado punto Vernal ou Equinoccio de Marzo, un dos puntos de corte da órbita terrestre ( la Eclíptica) co Ecuador Celeste, como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo.
O xoves 20 a duración do día e da noite será idéntica; a partir de aí os días irán crecendo ata o solsticio de xuño, alcanzando entón na nosa latitude as 15 horas de duración. Docobo explica ademais que será o venres 21 cando o Sol saia “exactamente” polo Este e se porá Polo Oeste, “pero segundo vaian pasando os días irao facendo cada vez máis cara ao Norte ata chegar ao 21 de xuño en que iniciará o camiño inverso”.
Festas cristiásRelacionada coa primavera, o profesor Docobo sinala unha secuencia de festas cristiás como a Pascua ou a Ascension, de xeito que o Domingo de Pascua é o seguinte á primeira lúa chea desta estación. Que este ano a lúa chea sexa o 21 de marzo ás 19:40 horas explica que a Semana Santa teña coincidido tan pronto.
FenómenosNa estación que agora comeza non haberá ningún eclipse pero si se darán condiciones óptimas para observar os planetas. Mercurio, que estes días pode verse ao amencer, será tamén visible ao longo de maio tras a posta do Sol e en torno ao día 14 daranse as mellores condicións para a súa observación dada a súa máxima separación aparente do Sol.
Ata mediados de abril, Venus será o luceiro do alba e Marte estará presente no ceo ao atardecer. Segundo avance a estación, Xúpiter, que agora tamén é visible antes da saída do Sol, poderá verse boa parte da noite, mentres que Saturno, actualmente observable case toda a noite, pasará pouco a pouco a ser un astro vespertino.
Entre as chuvias de estrelas máis destacadas atópanse as Líridas (con máximo o 20 de abril) e as Eta-acuáridas (5 de maio). Por último, o 10 de maio a lúa ocultará ao planeta Marte ao mediodía.
Cambio de horaO director do Observatorio Astronómico da USC adianta xa que, como en anos anteriores, o cambio de hora oficial producirase o último domingo de marzo, o día 30, cando ás 2:00 da madrugada se adiantarán os reloxos unha hora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2008.