Comezan en Bertamiráns e en Noia dous novos cursos de verán sobre os problemas do crecemento urbano e sobre Avilés de Taramancos
Os problemas asociados ao crecemento urbano e a relación entre Avilés de Taramancos e a memoria histórica son os temas que abordarán dous novos curso de verán da USC nas localidades de coruñesas de Bertamiráns e Noia a partir deste xoves 4.
Avilés de Taramancos e Memoria HistóricaAs xornadas do 4 ao 6 de setembro, dirixidas por Aurora Marco, achegarán a traxectoria vital de Avilés de Taramancos (1935-1992) que se desenvolve nun marco espazo-temporal que o leva de Galicia a Colombia, xunto coas circunstancias socio-políticas do tempo en que viviu, marcadas pola sublevación militar do 36, o franquismo e a estadía colombiana ata chegar á democracia. Os obxectivos fundamentais do curso xiran en torno das diferentes etapas do poeta, inseridas no contexto histórico da xeración da guerra e do franquismo e nos vinte anos en Colombia.
A inauguración oficial destas xornadas celebraranse este xoves 4 ás 10:00 horas na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia, coa presenza dos vicerreitores de Cultura e de Relacións Institucionais, Elias Torres e Lourenzo Fernández Prieto, respectivamente. Este último será ademais quen pronuncia a conferencia inaugural do programa, titulada ‘O contexto histórico da xerazón da guerra e do franquismo’.
Crecemento urbanoA rápida urbanización tense convertido nun dos maiores retos aos que teñen que facer fronte os distintos países. Ofrecer, ademais dunha visión xeral dende o punto de vista internacional, todo un conxunto de debates sobre os problemas que xera a urbanización será o obxectivo do curso de verán ‘Os problemas do crecemento urbano’.
O encontro celebrarase os días 4 e 5 de setembro no Pazo da Peregrina en Bertamiráns baixo a dirección do profesor Luis Caramés. O acto inaugural do curso comezará ás 9:00 horas coa presenza, ademais do director do curso, do alcalde do concello de Ames, Carlos Antonio Fernández Castro.
Dende a mobilidade ata o urbanismo, pasando polo transporte, a segregación social a relación entre crecemento urbano e medio ambiente ou o planeamento urbanístico son algúns dos temas nos que se afondarán das dúas xornadas de debate.
As intervencións programadas correrán a cargo de especialistas procedentes das universidades de Cantabria, Illas Baleares, Federal de Paraná, Autónoma de Madrid, Politécnica de Catalunya e da propia USC, así como de representantes da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona e profesionais do sector.