Ir o contido principal

Comezaron as probas de nivel para os cursos do segundo semestre do CLM

Comezaron as probas de nivel para os cursos do segundo semestre do CLM
Comezaron as probas de nivel para os cursos do segundo semestre do CLM

O Centro de Linguas Modernas comezou este venres a realizar as probas de nivel necesarias para participar nos cursos de idiomas do segundo semestre, agás de iniciación e DELE. Estes test poden realizarse ata o 23 de xaneiro en Lugo e o 24 en Santiago.

No Campus de Compostela, as probas son para alemán, catalán, francés, inglés, italiano, portugués, xaponés e galego para non galego falantes. No caso de Lugo, para alemán, inglés e francés.

A matrícula xeral para calquera dos cursos de idiomas do CLM pecharase o día 1 de febreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2018.